Con este homiño de longas barbas o xadrez tomou un impulso definitivo hacía o futuro. Si en física existiu un Newton e logo un Einstein; si en pintura houbo un Velázquez e logo un Picasso; da misma maneira Steinitz é igual de importante para o xadrez. Revolucionou as súas bases, dotou ao xogo de regras estratéxicas ben fundadas, pergeñou principios fundamentais sobre o ataque e a defensa. E o máis loable, o fixo só, moitas veces incomprendido, non xa polo público en xeral, senon tamén polos propios xogadores do seu tempo . Foi para moitos “o analísta máis profundo da historia do xadrez” e un durísimo xogador práctico. De feito, perdeu a corona de campión do mundo en 1895, con 58 anos, sendo éste o primeiro match que perdía en toda a sua carreira.
Pero antes que nada Steinitz foi un espíritu libre, e iso ímolo comprobar coa seguinte partida xogada en Viena en 1860 contra Philipp Meitner (con pezas negras), moito antes que o seu afán investigador e os seus éxitos deportivos o encumbrasen no Olimpo do xadrez por sempre. (Collan todos un taboleiro e disfruten).
1. e4, e5; 2.Cf3, Cc6; 3. d4 (entrando na apertura escocesa), exd4; 4.Ac4!? (nos seus tempos esta apertura así xogada era común ainda que agora prácticamente non se xoga. Sólo encontrei 12 partidas de grandes mestres entre 1997 e o 2005 na base de datos online. En teoría non dá nada para as brancas, en teoría…), …Ac5; 5.O-O, Cf6; (Mellor era d6 agora que o alfil está fora evitando a xogada 6.e5 das brancas e preparando Cf6) 6. e5, d5!?; (Philipp contrataca no centro) 7. exf6, dxc4; 8.Te1+, Ae6; 9. Cg5 (polo momento prefire presionar o centro e non tomar un peón, o de g7, abrindo a propia columna g ó seu adversario, que a medio plazo pode dar comezo a unha autopista para as torres negras cara enroque branco),…Dd5! ;(grande xogada que evita que a estructura defensiva das negras se rompa pola columna e, ademáis ameaza enrocar longo e aproveitar a superioridade no desenrolo das sus pezas atacando rapidamente ó rey branco) 10. Cc3! (xogando coa clavada do alfil de e6. Se toma o negro o cabalo as brancas gañan a dama pois o alfil está atado a columna e pola torre),…Df5; 11.g4!?(¡Temblor de terra! ¡Xogada imposible! ¡A loucura se impón no taboleiro! ¿Ou non? A verdade é que a xogada rompe con todas as reglas coñecidas de xadrez, pero por eso dixemos que Steinitz era un espíritu libre. Agora a dama negra só ten duas posibilidades, comer o peón de f6 ou irse a g6 (o peón de g4 é intocable pola clavada de novo da torre sobre o alfil o que faría perder a dama negra de inmediato). Steinitz con esta xogada mantén a iniciativa ainda que a posición é confusa e non se pode decir que o noso protagonista esté millor ( ao menos eso dí a o cerebro de sílice: O Fritz),…Dxf6 (mec, mec, xogada incorrecta. Era mellor levala dama a g6 tratando de capear o temporal para logo aproveitarse das debilidades creadas polo branco. Agora permítese unha combinación que non vai deixar escapar o gran xogador austriaco); 12. Cd5! (ameaza a dama de f6 e comer en c7 facendo un dobre a torre de a8 e ao rey);Dd8 (única); 13.Txe6!!, fxe6; 14.Cxe6 (e a cambio do material cedido Steinitz destrozou a defensa rival coa colocación de dous cabalos no mesmiño cogote do rival. A partida está decidida. Se agora o negro comese o cabalo de d5 o branco gañaría a dama cun dobre ao rey e dama en c7 có outro cabalo),…Dd7; 15.De2 (ameaza 16.Cxc5 con jaque de dama a descuberta gañando ademáis a dama contraria),…Ae7 (evita a xogada comentada); 16.Cxc7+, Rf7 (única); 17. Dxc4 (volta a amezar outra descuberta en c5 de cabalo gañando a dama),…Ce5; 18. Db3 (mesmas intencións),…Dd6 (defendendo a dama da descuberta de cabalo); 19. f4! (Steinitz xoga con forza para rematar co zombi dunha vez. O cabalo negro é a única peza ben colocada do rival),…Cxg4; 20. Cg5+, Rg6 (única, si se vai á octava fila a dama dá mate en f7 e si se vai a f6 o branco faille un dobre en e4 co cabalo gañando a dama. Véase a forza dos cabalos brancos. ¿Compensaba ou non o sacrificio da torre en e6?);21. Dd3+, Rh5 (outra vez única polo dobre); 22.Dh3+, Rg6; 23. Dxg4, Db6 (non pode come-lo cabalo de c7 porque perde a dama cun novo xaque a descuberta do cabalo en e6); 24. Ce6+, Rf6; 25. Dg5+, Rf7; 26. Dxg7 ++ (mate). O xoven Steinitz de 24 anos prometía, ¡vaia si prometía!.